XMC · CÁMARA III JONDE

DATOS BÁSICOS

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2024 · CALEIDOSCOPIO

CONCERTO CÁMARA III

Joven Orquesta Nacional de España

Trío Arbós e Joan Enric Lluna, clarinete
Juan Carlos Garvayo, coordinador

A Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) volve escoller Santiago de Compostela para celebrar o seu encontro anual. Do 31 de maio ao 4 de xuño a JONDE fará do Auditorio de Galicia o centro da súa actividade artística e formativa cara ao estudo e preparación do repertorio sinfónico e de cámara. As e os 45 integrantes da formación, con idades comprendidas entre os 19 e os 26 anos, traballarán en ensaios parciais ou seccionais nas diferentes especialidades instrumentais con docentes de recoñecido prestixio na contorna estatal e internacional. Durante este período traballarán en tres proxectos de cámara, baixo a tutela do Trío Arbós e o clarinetista Joan Enric Lluna, que se ofrecerán en concerto os días 6, 7 e 8 de xuño ás 20.30 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.
 

O concerto do sábado 8 de maio presenta un programa con obras de Toshio Hosokawa Salvatore Sciarrino e Gérard Grisey  que se completa coa estrea absoluta de El aljbe,de María José Arenas. El Aljibe é unha obra para frauta, clarinete, violín, violonchelo, piano e percusión baseada no relato homónimo de Mariana Enriquez incluído no seu libro Los peligros de fumar en la cama (2017). A historia céntrase nunha moza que, despois de ter visitado de nena unha menciñeira para tratar a súa naie a súa avoa, se sente acurralada por unha serie de terrores que lle impiden levar unha vida normal, ata que a súa irmá a acompaña de novo á mesma menciñeira, que anos despois lle conta a verdade. No escenario principal hai un alxibe ao que a protagonista se asoma dúas veces, cun cambio temático que percorreu todos os seus traumas até o presente. A partir dunha lectura analítica do conto, esta obra propón unha visión musicalizada dos seus fíos temáticos e estruturais, convertendo os diferentes instrumentos en personaxes e accións paralelas á trama e desenvolvemento o tema principal —o horror— en diálogo cos subtemas —a familia, a saúde mental, a relixiónpagá— ao longo dun discurso que condensa o universo narrativo de Mariana Enríquez co estilo musical de María José Arenas. Unha conexión interartísticaque pescuda nas posibilidades tímbricas de cada instrumento coa mesma fondura que busca no seu interior a protagonista do relato.

Antes do concerto, ás 19.30 horas, a musicóloga Rosa Fernández baixo o título 'Miradas sonoras', ofrecerá unha sesión comentada con notas ao programa para coñecermos en detalle esta proposta artística.

[Foto: Trío Arbós, por Jesús Mayorga]


PROGRAMA

Toshio Hosokawa (1955): Trío (2013)
María José Arenas (1983): El Aljibe (2024). Estrea absoluta
Salvatore Sciarrino (1947): Il silenzio degli oracoli (1989)
Gérard Grisey (1946-1998): Talea (1986)

 

 

Duración: 
60 min
Entradas: 

Entrada de balde até completar a capacidade da sala

Funcións: 
Sábado, 8 Xuño, 2024
20:30
Auditorio de Galicia