XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2024 · CALEIDOSCOPIO
CONCERTO CÁMARA I
Joven Orquesta Nacional de España
Trío Arbós e Joan Enric Lluna, clarinete
Juan Carlos Garvayo, coordinador
A Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) volve escoller Santiago de Compostela para celebrar o seu encontro anual. Do 31 de maio ao 4 de xuño a JONDE fará do Auditorio de Galicia o centro da súa actividade artística e formativa cara ao estudo e preparación do repertorio sinfónico e de cámara. As e os 45 integrantes da formación, con idades comprendidas entre os 19 e os 26 anos, traballarán en ensaios parciais ou seccionais nas diferentes especialidades instrumentais con docentes de recoñecido prestixio na contorna estatal e internacional. Durante este período traballarán en tres proxectos de cámara, baixo a tutela do Trío Arbós e o clarinetista Joan Enric Lluna, que se ofrecerán en concerto os días 6, 7 e 8 de xuño ás 20.30 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.
O concerto do xoves 6 de marzo presenta un programa con obras de Tomás Marco, Teresa Catalán, Rebeca Saunders e Guillaume Conesson que se completa coa estrea absoluta de Tres daguerrotipos, de Alberto Carretero, unha peza composta especialmente para estas xornadas por encargo da JONDE.
Tres daguerrotipos son tres “imaxesmusicais”, en certa medida borrosas e fantasmagóricas, como intres capturadosde xeito descontinuo, que evocan etapas dunha viaxe interior en espiral, onde todo asemella volver, pero sen pechar círculos. Algúns sons lembran a texturas electrónicas e deshumanizadas, mentres que outros están máis pretos á vocalidade e ao humano, sempre na fronteira entre a “realidade e o desexo”, en palabras de Luis Cernuda.
Antes do concerto, ás 19.30 horas, a musicóloga Rosa Fernández baixo o título 'Miradas sonoras', ofrecerá unha sesión comentada con notas ao programa para coñecermos en detalle esta proposta artística.
PROGRAMA
Tomás Marco (1942): En campos de zafiro pace estrellas (2011)
Teresa Catalán (1951): Nenias II (2018)
Rebecca Saunders (1967): disclosure (2008)
Alberto Carretero (1985): Tres daguerrotipos (2024) Estrea absoluta. Encargo da JONDE
Guillaume Connesson (1970): Sexteto (1998)