A XENTE 2.0 DE PÉREZ+DISLA

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C 2021

 

A Xente 2.0

de Pérez&Disla

Amorodos Producións

 

Idade recomendada: todos os públicos

Duración: 60 min

 

María Vázquez e Víctor Duplá

 

Recibín un mail informándome de que teño unha reunión. O colectivo ao que pertenzo convócame á participación. Anoto o día na miña axenda, a hora, a dirección. Ao ler o mail penso que non teño moita gana de asistir. Penso que non vai servir de nada que nos xuntemos, que vai ser unha perda de tempo. Pero igual esta vez é diferente. Vou ir. Tal vez solucione algo, tal vez eu soa non poida, pero ten que haber unha solución. Vou pensar que dicir nesa reunión. Vou tentar falar en positivo e tentar ilusionar ao resto. Temos que atopar unha saída a todo o que nos preocupa. A xente ten gana de facer cousas. A xente necesita facerse oír. A xente necesita organizarse. A xente implícase, a xente quéixase, a xente participa, a xente escoita, a xente pensa noutra xente…

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: XOVES 29 DE XULLO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Teléfono 981 542 462 (HORARIO DE AGOSTO: de martes a sábado, de 11 a 14 h)
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Luns, 2 Agosto, 2021
20:00
Teatro Principal