WITHNAIL & I/ WITHNAIL E EU

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · O MUNDO ESTÁ TOLO, TOLO, TOLO

WITHNAIL & I / WITHNAIL E EU (1987)
Bruce Robinson
Reino Unido / 107 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:
Paul McGann, Richard E. Grant, Richard Griffiths

Ficha técnica:
Guión: Bruce Robinson
Fotografía: Peter Hannan
Edición: Alan Strachan
Produción: Paul Heller

Sinopse:
Withnail e Marwood son dous actores en paro en Londres durante 1969. A súa vida na capital inglesa está marcada pola miseria, o frío e a fame, así que deciden tomar unhas vacacións nunha cabana propiedade dun tío de Withnail, Monty. Mais a casa está en mal estado, chove decotío, non hai víveres e os veciños tampouco acompañan. De súpeto, no medio da noite Monty irrompe na cabana, o que asusta a parella de actores, que o toman por un intruso. O tío de Withnail trae comida e bo viño. A mala nova é que Monty está disposto a seducir o amigo do seu sobriño e non acepta un 'non' por resposta.

Duración: 
107 MIN
Entradas: 

ENTRADA DE BALDE previa retirada de convites dende o martes 7 ás 11 horas

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS E A RETIRADA DE CONVITES

Funcións: 
Martes, 14 Novembro, 2023
17:15
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

Withnail & I - Newly restored and back in cinemas! Official UK trailer