WHITE SNAIL / CARACOL BRANCO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

WHITE SNAIL / CARACOL BRANCO (2025)

Elsa Kremser, Levin Peter

Austria, Alemaña / 115 min / Ficción / Ruso, bielorruso, inglés, chinés mandarín

Ficha artística:

Marya Imbro, Mikhail Senkov, Olga Reptukh

Ficha técnica:

Guión: Elsa Kremser, Levin Peter

Fotografía: Mikhail Khursevich

Edición: Stephan Bechinger

Produción: Burkhard Althoff, Aija Berzina, Mariam Bitsadze, David Bohun, Tina Börner, Camille Chanel, Heino Deckert, Natalia Dubitskaya, Lixi Frank, Martin Gerhard, Elsa Kremser, Klaus Lintschinger, Elina Losa, Vladimir Nefedov, Levin Peter, Julia Sengstschmid, Katrine Zeile

Sinopse:

Masha, unha modelo que soña cunha carreira en China, e Misha, un pintor que traballa nun depósito de cadáveres, inician unha relación profunda e tráxica. Unha delicada historia de amor entre dous seres marxinais que, ao trastornar o mundo do outro, descobren que non están tan sós como pensaban.

Elsa Kremser e Levin Peter son cineastas e colaboradores habituais que combinan documental e ficción cunha marcada sensibilidade poética. Formáronse na Filmakademie Baden-Württemberg e fundaron en 2016 a produtora vienesa Raumzeitfilm. O seu filme Space Dogs acadou proxección internacional tras a súa estrea en Locarno.

 

Premio Especial do Xurado e Leopardo á Mellor Interpretación (Marya Imbro, Mikhail Senkov) no Festival de Locarno 2025

 

Duración: 
115 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Mércores, 19 Novembro, 2025
15:30
Teatro Principal
Xoves, 20 Novembro, 2025
19:45
NUMAX
MULTIMEDIA

Teaser trailer de White Snail subtitulado en español (HD)