WHETHER THE WEATHER IS FINE/ KUN MAUPAY MAN IT PANAHON (2021)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL NOVAS/OS CINEASTAS

Carlo Francisco Manatad

Filipinas, Francia, Singapur, Indonesia, Alemaña, Qatar / 105 min / Ficción / Cebuano

Ficha artística

Charo Santos, Daniel Padilla, Rans Rifol

Ficha técnica

Guión: Giancarlo Abrahan V, Carlo Francisco Manatad, Jérémie Dubois

Fotografía: Teck Siang Lim

Edición: Bienvenido Ferrer III

Produción: Armi Rae Cacanindin, Josabeth Alonso, Vincent Wang

En novembro de 2013, o tifón Haiyan arrasa a provincia de Leyte, no leste de Filipinas. O día seguinte da catástrofe, o director da prisión de Tacloban deixa saír aos presos para que se reúnan coas súas familias. A única condición é que regresen á prisión nunha data determinada, ou pola contra serán perseguidos e asasinados. Fanáticos relixiosos, criminais e oportunistas asolagan de súpeto as rúas da cidade. Miguel, un preso de 20 anos, vai buscar á súa prometida Andrea e á súa nai Norma coa esperanza de convencelas da necesidade de refacer as súas vidas noutro lugar. O seu reencontro, que revelará os motivos do seu encarceramento, será breve e cheo de obstáculos, xa que se aveciña un novo tifón.

Na súa primeira longametraxe de ficción, Carlo Francisco Manatad examina as complexidades culturais e relixiosas de rexións en desenvolvemento, como Tacoblan, e cuestiona o papel da relixión e as crenzas nos mitos e o destino, acompañando a personaxes que loitan polas súas vidas guiados unicamente pola esperanza.

Duración: 
105 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 11 Novembro, 2021
17:45
Teatro Principal
Martes, 16 Novembro, 2021
22:45
Teatro Principal