VORTEX (2021)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA 

Gaspar Noé

Francia / 142 min / Ficción / Francés

Ficha artística

Dario Argento, Françoise Lebrun, Alex Lutz, Kylian Dheret

Ficha técnica

Guión: Gaspar Noé

Fotografía: Benoit Debie

Edición: Denis Bedlow, Gaspar Noé

Produción: Edouard Weil, Vincent Maraval, Brahim Chioua

"A vida é unha festa curta que axiña será esquecida".

O traballo máis sensible do enfant terrible do cinema francés. A crónica do último acto vital, tenrura e adeus, dunha parella de anciáns no París dos nosos días. Admirada pola crítica como a mellor película da carreira do seu director, conta na repartición con Françoise Lebrun e o soado director Darío Argento.

Gaspar Noé

(Bos Aires, 1963)

En 1998 participou na Semana da Crítica de Cannes coa súa ópera prima, Seul contre tous (Solo contra todos), á que seguiu en 2002 Irréversible, que competiu pola Palma de Ouro,ao igual que Enter the Void (2009). Love (2015), Lux Aeterna (2019) e Climax (2018) son outros dos seus títulos.

Mellor película da sección Zabaltegi en San Sebastián 2021

 

Duración: 
142 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Info práctica: 
Venres, 12 Novembro, 2021
22:00
Teatro Principal
Domingo, 21 Novembro, 2021
22:30
Teatro Principal