VOO

DATOS BÁSICOS

TEATRO O CUBO

(TEATRO E DANZA)

1 FEBREIRO 10.00 H E 12.00 H

SALA MOZART. AUDITORIO DE GALICIA

Idade recomendada: Infantil, 1º e 2º Primaria

Duración: 45 min

Lingua: galego

 

Voo é o novo espectáculo de Teatro O Cubo, unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Inspiradas por esta utopía, dúas personaxes lanzaranse á procura do ceo envolvendo o público na ingravidez e na fantasía. Comezarán con ilusión e asombro, entrará en xogo a esixencia e a avidez polo éxito e pasarán por outros lugares como a convivencia, a amizade e o descubrimento do goce de soñar alto sen ter que gañar ou perder. A danza, a música, o movemento, a poesía visual e a comicidade están presentes en todo momento, facendo desta proposta unha viaxe para os sentidos.

Duración: 
45 min
Acceso: 

Entrada gratuíta, previa reserva a través do formulario que poderá atopar no seguinte enlace: https://www.compostelacultura.gal/programadidactico

DATAS DE ENVÍO DAS SOLICITUDES:

• Centro de ensino de Santiago de Compostela: dende o xoves, 17 de setembro ás 8:30 h

• Centro de ensino do resto de Galicia: dende o venres, 18 setembro ás 8:30 h

 

Só para centros de ensino

Info práctica: 
Luns, 1 Febreiro, 2027
10:00
Auditorio de Galicia
Luns, 1 Febreiro, 2027
12:00
Auditorio de Galicia