CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
VIVER MAL (2023)
João Canijo
Portugal, Francia / 124 min / Ficción / Portugués
Ficha artística:
Nuno Lopes, Filipa Areosa, Leonor Silveira
Ficha técnica:
Guión: João Canijo
Fotografía: Leonor Teles
Edición: João Braz
Produción: Pedro Borges, François d'Artemare
Sinopse:
Cinco mulleres dirixen un vello hotel e tentan salvalo dunha decadencia inexorable. As persoas convidadas chegan no transcurso dunha fin de semana: unha parella leva as feridas dun longo malentendido; unha nai dominante interfire na relación da súa filla, e dúas mozas intentan salvar a súa propia historia de amor fronte á oposición dunha nai posesiva.
João Canijo (Porto, Portugal). Comezou a súa carreira como asistente de dirección de Manoel de Oliveira, Wim Wenders, Alain Tanner e Werner Schroeter. A súa primeira longametraxe, Três menos eu, inaugurou o Festival Internacional de Cinema de Róterdam de 1988. Dende aquela, realizou máis de dez longametraxes que se proxectaron regularmente nas seccións oficiais de Cannes, Venecia e Toronto. Sangue do meu sangue obtivo múltiples galardóns, como o premio FIPRESCI en San Sebastián. O seu traballo foi honrado con retrospectivas en cidades como Busan, La Rochelle e Bos Aires.
Sección Encontros do Festival de Berlín 2023