Achégate á sala de exposicións Isaac Díaz Pardo e descubre a mostra dos traballos finalistas ao Décimo cuarto Premio Auditorio de Galicia para artistas noveis.
A exposición reúne 31 obras de diversas disciplinas artísticas, elaboradas por 32 creadoras e creadores e seleccionadas por un xurado especializado. Xuntas, constrúen un percorrido enriquecedor no que cada artista participante dá mostra dunha linguaxe propia, empregando técnicas como a pintura, o debuxo, a fotografía, a instalación, o vídeo ou a vídeo-performance. A través delas abórdanse temas variados e preocupacións compartidas, que conectan directamente coas inquedanzas da sociedade actual da que tamén son espello.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- Visita de balde.
- Duración aproximada: 45 minutos.
- As visitas realizaranse os xoves (19.00 h) venres (19.00h) e sábados (12.00 h). Cómpre escoller día e hora ao cumprimentar o formulario.
- É posible inscribirse ate as 14.00 h do día anterior á visita solicitada.
- As reservas para visitas grupais (máis de 5 persoas) confirmaranse por correo electrónico ao enderezo indicado pola persoa solicitante.
- As visitas individuais ou de ata 5 persoas non precisan confirmación: unha vez feita a inscrición, só hai que acudir ao Auditorio de Galicia na data e hora elixidas e agardar na recepción que dean comezo.
Imaxe: Andrés Rodís, Serie Varacións sobre o recipiente. Óleo, esmalte, fotografía, bordado, cerámica, 2025 (Primeiro premio)
INSCRÍBETE