O Auditorio de Galicia pon en marcha unha serie de visitas guiadas dirixidas ao estudantado de centros de ensino para percorrer a exposición 'Ollos de vidro. As formas doutra historia en Galicia'. Comisariada por Germán Labrador Méndez, a exposición engarza ópticas diversas desde as que revisitar a historia galega e o seu relato oficial. Son máis de 300 pezas elaboradas por preto dun cento de creadoras e creadores.
As visitas realizaranse martes, mércores, xoves e venres ás 11.00h
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- Dirixidas a centros de ensino, CEIPS e IES
- A partir de 10 anos
- Visita de balde
- Duración aproximada 45 min.
- Máximo recomendado 30 persoas por grupo
- Cumprimenta o formulario para solicitar día e hora de interese
- A inscrición no formulario pecharase ás 14.00 h do día anterior a cada visita
- Confirmarase a inscrición no correo electrónico que indicado no formulario
►INSCRIBE O TEU CENTRO (a partir do luns 17 ás 11.00 h)