Queres descubrir a exposición Antifémina da fotógrafa Colita a través dunha visita comentada?
Convidámoste a participar nas visitas guiadas da exposición, unha oportunidade para afondar nos seus contidos, contextos e reflexións.
Para asistir é necesario cumprimentar o formulario de inscrición para escoller o día e hora que mellor se adapte ás túas necesidades.
Se a solicitude é para grupos organizados ou centros de ensino, é importante indicalo para poder adaptar a visita ás características e necesidades específicas de cada caso.
As prazas son limitadas, así que se recomenda reservar canto antes.
Agardámoste!
[Imaxe: Majorettes. Granollers, Barcelona, 1975. © Archivo Colita Fotografía]
INSCRÍBETE!