VISITAS COMENTADAS · ANTIFÉMINA · COLITA

DATOS BÁSICOS

Queres descubrir a exposición Antifémina da fotógrafa Colita a través dunha visita comentada?

Convidámoste a participar nas visitas guiadas da exposición, unha oportunidade para afondar nos seus contidos, contextos e reflexións.

Para asistir é necesario cumprimentar o formulario de inscrición para escoller o día e  hora que mellor se adapte ás túas necesidades.

Se a solicitude é para grupos organizados ou centros de ensino, é importante indicalo para poder adaptar a visita ás características e necesidades específicas de cada caso.

As prazas son limitadas, así que se recomenda reservar canto antes.

Agardámoste!

[Imaxe: Majorettes. Granollers, Barcelona, 1975. © Archivo Colita Fotografía]


INSCRÍBETE!

Duración: 
45 min (aprox.)
Acceso: 

INFORMACIÓN PRÁCTICA

  • marzo, abril, maio e xuño_  xoves e venres ás 19.00 h e sábados ás 12.00 h

INSCRIPCION:  Pecharase ás 14.00h do día anterior a cada visita

FORMULARIO DE SOLICITUDE

  1. Dirixidas a todas as persoas interesadas individualmente ou en grupo
  2. Visitas de balde previa inscrición no formulario onde cómpre seleccionar día e hora
  3. VISITAS INDIVIDUAIS. Non se recibirá confirmación. Abonda con presentarse no Auditorio de Galicia na data e hora seleccionadas e agardar na recepción o comezo da visita.
  4. GRUPOS DE MÁIS DE CINCO PERSOAS, recibirán confirmación por mail da súa solicitude.
  5. CENTROS DE ENSINO E GRUPOS CON NECESIDADES ESPECIAIS, recibirán confirmación por mail da súa solicitude.
  6. Duración aproximada da visita 45 min.

 

 

 

Info práctica: 
Venres, 27 Marzo, 2026 a Sábado, 27 Xuño, 2026
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA