O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España organiza, desde o 2018, o evento 'La Noche del Patrimonio. La Nit del Patrimoni. A Noite do Patrimonio', simultaneamente nas 15 cidades españolas cuxos cascos históricos están declarados Patrimonio Mundial: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/ Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda. Este ano estará estruturada en tres seccións: espectáculos de danza (Escena Patrimonio), portas abertas de monumentos (Aberto Patrimonio), e unha gran oferta de actividades culturais e de ocio nas nosas cidades históricas (Vive Patrimonio).
ABERTO PATRIMONIO
VIITA GUIADA Á ZONA C - ANTIGA CASA DO CONCELLO
A Zona C. Punto de Información Cultural inaugurouse en maio do 2021 no edificio da antiga Casa do Concello na Praza de Cervantes. Trátase dun espazo multidisciplinar que acolle o principal punto de venda de entradas de Compostela Cultura (Auditorio de Galicia e Teatro Principal), ademais de intervencións artísticas, exposicións e actividades diversas.
Orixinalmente, o edificio foi construído a finais do século XVII para funcionar como Casa do Concello de Santiago de Compostela ata que en 1787 foi trasladado á súa localización actual, o Pazo de Raxoi na Praza do Obradoiro. Estamos, polo tanto, diante dun dos edificios consistoriais máis antigos de Galicia. Situado na Praza de Cervantes, a súa porta principal é a da rúa do Preguntoiro, número un. Conta con tres andares, baixo e soto e estivo pechado ao público ata que neste ano 2021 se situou alí a Zona C. Con esta visita guiada camiñamos polos seus espazos e coñecemos máis da historia deste singular edificio.
- WEB DO EVENTO