VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN ANTIFÉMINA · COLITA

DATOS BÁSICOS

Queres descubrir a exposición Antifémina da fotógrafa Colita a través dunha visita comentada?

O Auditorio de Galicia ofrecerá o xoves 9 de xullo a última visita guiada á exposición Antifémina, unha oportunidade para achegarse ás claves dunha das obras fundamentais do feminismo visual da Transición da man dun percorrido comentado.

A mostra recupera o histórico proxecto creado en 1977 pola fotógrafa Colita e a escritora Maria Aurèlia Capmany, considerado co paso do tempo o primeiro libro gráfico abertamente feminista da Transición. A través de máis de 130 fotografías organizadas en dez seccións, Antifémina cuestiona os modelos de feminidade impostos durante o franquismo e propón unha reflexión que continúa plenamente vixente.

A visita guiada permitirá descubrir o contexto no que naceu esta obra, coñecer a traxectoria das súas autoras e afondar no significado das imaxes que conforman a exposición, ofrecendo unha lectura máis completa dun proxecto que combina fotografía, pensamento crítico e memoria histórica.

A actividade é gratuíta, cunha duración aproximada de 45 minutos, e non require inscrición previa. 

Esta será a última visita guiada programada antes do peche da exposición, que poderá visitarse no Auditorio de Galicia ata o 1 de agosto.

[Imaxe: Majorettes. Granollers, Barcelona, 1975. © Archivo Colita Fotografía]

Duración: 
45 min (aprox)
Acceso: 
  • Acceso libre e de balde
Info práctica: 
Xoves, 9 Xullo, 2026
19:00
Auditorio de Galicia