VIOLATION (2021)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL PANORAMA INTERNACIONAL

Dusty Mancinelli, Madeleine Sims-Fewer

Canadá / 107 min / Ficción / Inglés

Ficha artística

Madeleine Sims-Fewer, Anna Maguire, Jesse LaVercombe, Obi Abili, Jasmin Geljo, Cynthia Ashperger

Ficha técnica

Guión: Dusty Mancinelli, Madeleine Sims-Fewer

Fotografía: Adam Crosby

Música: Andrea Boccadoro

Produción: Dusty Mancinelli, Madeleine Sims-Fewer

Miriam regresa á casa da súa irmá menor tras varios anos separadas. Non está a pasar o seu mellor momento persoal e está a piques de divorciarse. Cando sente que tanto a súa irmá como o seu cuñado traizoan a súa confianza, a muller embárcase nunha desapiadada cruzada para vingarse.

Violation sepárase case desde case o comezo do subxénero revenge que semella anunciar para crear unha metódica percepción do medo. É unha mirada sobre a crueldade, pero sen morbo habitual. É iso posible? A película no só o acada, senón que dá un paso cara a unha dirección descoñecida: cuestionar a orixe da crueldade. En especial, nun ámbito contemporáneo no que as gradacións sobre a percepción parecen ser infinitas.

Dusty Mancinelli

(Toronto, Canadá)

É principalmente director de curtametraxes. Varias das súas películas exhibíronse no Festival Internacional de Toronto e outros festivais de cinema en todo o mundo. Violation é a súa ópera prima.

Madeleine Sims-Fewer

(Kawartha Lakes, Canadá)

Actriz e cineasta, dirixiu varias curtas ata estrear a súa ópera prima, Violation, filme que codirixe xunto a Dusty Mancinelli e que tamén protagoniza.

Sección Oficial do Festival de Sitges

Duración: 
107 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

 

 

Funcións: 
Martes, 16 Novembro, 2021
22:00
Salón Teatro
Venres, 19 Novembro, 2021
16:00
Teatro Principal