VICENTA LORCA

DATOS BÁSICOS

ÓSCAR COBOS COMPAÑÍA DE DANZA

Idade recomendada: Todos os públicos
Duración: 60 min 
Lingua Galego

VICENTA LORCA é unha proposta escénica de pequeno formato inspirada nas cartas que a nai de Federico García Lorca lle enviaba ao seu fillo cando este estaba fóra de Granada, nas que se reflicte o mundo dela e a súa relación con el. 

Trátase dunha obra de teatro, danza e música deseñada para tres intérpretes, cada un no seu papel que, ao longo de 60 minutos, nos amosa o poeta a través dos ollos da nai. 

“A muller que eu máis amo no mundo” 
(Federico García Lorca)
 

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Domingo, 10 Maio, 2026
20:30
Auditorio de Galicia