VICENTA LORCA

DATOS BÁSICOS

ÓSCAR COBOS COMPAÑÍA DE DANZA

Idade recomendada: Todos os públicos
Duración: 60 min 
Lingua Galego

VICENTA LORCA non é un espectáculo de palabras. É un poema vivo. Unha actriz que encarna a Vicenta, un bailarín que percorre a vida de Federico dende o neno ata o home, e un pianista que é o pulso, o alento. Tres corpos no escenario. Tres linguaxes en diálogo: música, xesto e palabra. É unha viaxe onírica, chea de imaxes poderosas: nacemento, educación, risas, perda, morte. Non está narrada con lóxica lineal, senón con símbolos que golpean directamente o corazón. Porque estamos a falar de algo universal: a mirada dunha nai sobre a vida e a morte do seu fillo.
VICENTA LORCA é unha obra de teatro, danza e música deseñada para tres intérpretes que, cada un no seu papel, mostran un Federico a través dos ollos da súa nai, Vicenta.
 "A muller que máis amo no mundo" - Federico García Lorca.
 

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Domingo, 10 Maio, 2026
20:30
Auditorio de Galicia