VI FESTIVAL ROSALÍA · UN GRANDE ATREVEMENTO

DATOS BÁSICOS

O Concello de Santiago colabora un ano máis coa Deputación da Coruña na organización do Festival Rosalía, un evento que chega en 2024 á súa sexta edición baixo o lema 'Un grande atrevemento'. 

"Grande atrevemento é sen dúbida que, na súa sexta edición, o Festival Rosalía se encha de sol, harmonía e naturalidade, para celebrar novas e diversas creatividades en lingua galega. Durante dúas xornadas daranse a coñecer belezas de primeira orde: poesía, teatro, música e artesanía de inspiración fecunda, que dan nova dimensión á nosa lingua e á propia Rosalía*"

*Texto inspirado no prólogo de Rosalía de Castro á súa obra Cantares Gallegos (1863).

 

O festival terá lugar os días 23 e 24 de febreiro na Praza de Mazarelos (Santiago de Compostela) e todas as actividades serán de balde. 

 

DETALLE DO PROGRAMA

Entradas: 
  • Todas as actividades son de balde até completar capacidade
Funcións: 
Venres, 23 Febreiro, 2024
Praza de Mazarelos
Sábado, 24 Febreiro, 2024
Praza de Mazarelos