VERTICAIS. BRAIS RODRÍGUEZ

DATOS BÁSICOS

‘Verticais’, a intervención que o artista Brais Rodríguez abre na Zona “C”, é o resultado do traballo que o creador desenvolve despois de obter –no Décimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas– o accésit que lle permitiu crear unha peza para este espazo.

'Verticais' é un conxunto modular de debuxos ordeado de modo secuencial. A organización dos módulos acepta outras disposicións. Cada módulo é múltiple e alterable. Cada módulo ten un tamaño de 450 milímetros de alto e de 320 milímetros de ancho e unha gramaxe de 350 gramos por metro cadrado. A superficie soporta lapis e tinta chinesa. Dentro do marco limitado por 20 milímetros en cada lado trázanse liñas en orientación vertical. A forma das liñas verticais varía en cada módulo o seu grosor e a súa ondulación. O grosor da mancha e da súa separación pode alternar entre os 20 milímetros e os 0,5 milímetros. O radio da curva de ondulación oscila entre 0 milímetros e 85 milímetros.  Os módulos están dispostos sobre unha parede vertical. Están ordeados ortogonalmente en 5 filas de 33 columnas e mantéñense separados por 10 milímetros en cada dirección.

Unha organización ‘milimétrica’ que situa a mán do artista nas paredes do espazo e que pode ser vista polo espectador/a a modo de trampantoxo. Unha experiencia visual.

Brais Rodríguez (Brión, A Coruña, 1980) é licenciado en Belas Artes pola  especialidade de pintura. Nos últimos anos autoeditou os seus traballos de cómic en fanzines como Sombra, La chica con el sol en su cabeza ou Onde estás? na editorial Carne Líquida, desenvolvendo as posibilidades formais do debuxo, a collage ou a abstracción neste medio. 

Participou en mostras como A arte no cómic, SQUEEZE-OH!: Cómic Contemporáneo Gallego, 20 años de cómic Injuve, Salón internacional de historieta de Bos Aires, Salón internacional de cómic de La Paz e festivais de autoedición como Graf, Gutter ou Elcaf. No ámbito da pintura e do cómic as súas obras recibiron axudas de de Novos Valores, premio Castelao de banda deseñada, Injuve, Valenciacrea,  Premio de artes plásticas Auditorio de Galicia ou Fadip.

Entradas: 

HORARIO HABITUAL: de 16.00 a 20.00 h
Luns pechado

____

Entrada gratuíta

Funcións: 
Xoves, 28 Marzo, 2019 a Domingo, 26 Maio, 2019
Zona "C"