VACANAL SINFÓNICA
De Vacas celebra o seu 10º aniversario co espectáculo Vacanal Sinfónica.
Inés Salvado, Paula Romero, Faia Díaz e Guillerme Fernández presentan unha proposta de gran formato que revisa a historia musical da banda nunha clave operística e sinfónica creada para a ocasión.
O concerto contará con arranxos e dirección musical do compositor Lucas Rei, a participación do Coro da Ra baixo a dirección de Ramón Bermejo, a da orquestra creada especificamente para este proxecto –e conformada por María José Pámpano, Elena Vázquez, Carmen Gallego, Macarena Montesinos, Benxamín Otero, Pablo Pascual, Claudia Carballo e Roberto Rama– e cunha posta en escena a cargo d’As dúas e punto.