VA DE BACH

DATOS BÁSICOS

ARACALADANZA

Idade recomendada: de 5 a 100 anos
Duración: 55 min 
Lingua: sen texto

EN FAMILIA · ARTES ESCÉNICAS · DANZA

Aracaladanza mergúllase no universo de Johann Sebastian Bach para crear un espectáculo de danza contemporánea cheo de maxia, humor e imaxinación. Sen un fío narrativo convencional, Va de Bach propón un soño escénico no que cinco bailaríns e un gorila dan vida a un torrente de imaxes sorprendentes: globos que cantan, mans xigantes, pianos diminutos, pelucas barrocas ou portas que se abren a mundos duplicados.

Dirixida por Enrique Cabrera, a peza convida a público de todas as idades —a partir dos cinco anos en diante— a gozar libremente dunha experiencia sensorial que combina música, luz, movemento e escenografía, sempre coa inspiración revolucionaria de Bach como motor creativo. Va de Bach é unha festa para a imaxinación que busca emocionar, divertir e sorprender tanto ao público miúdo como ao adulto.

O espectáculo é unha coprodución do Real Teatro de Retiro e a Comunidade de Madrid que conta co apoio do Ministerio de Cultura para as súas xiras na contorna estatal

 

Sobre o equipo artístico

Aracaladanza é unha compañía que sempre se preocupou por xuntar un conxunto de creadores escénicos cuxo traballo, de alta calidade, busca a unión de todas as linguaxes escénicas. A fidelidade a esta visión acadou froitos artísticos recoñecidos por programadores dos cinco continentes e, ao mesmo tempo, recompensados con premios e aplausos do público.

A escenógrafa e figurinista Elisa Sanz, o deseñador de iluminación Pedro Yagüe, o compositor Luis Miguel Cobo, o creador de vídeo Álvaro Luna e o marionetista e atrecista Ricardo Vergne son piares esenciais no desenvolvemento creativo de cada un dos espectáculos que Aracaladanza amosa sobre os escenarios grazas a bailaríns que comparten desde hai décadas a emoción e a maxia dun proxecto que sempre pretendeu ser estable.

Desde 1995, Aracaladanza comparte co público un universo fascinante, desde a ollada de quen, a través da imaxinación e da danza, está convencido de que a maxia transforma a realidade.

Premio Nacional de Teatro para a Infancia e a Xuventude 2010, polo seu “compromiso” con ese público e pola súa "esixencia estética, artística e técnica"; reiteradamente premiada en FETEN (Feira Europea de Teatro para Nenas e Nenos); gañadora de varios MAX; recoñecida pola crítica; seguida por unha lexión fiel de espectadores e convidada en festivais nacionais e internacionais, Aracaladanza destaca pola súa inusual maneira de traballar, proxectando novas visións escénicas da imaxinación e creando exquisitos espectáculos dirixidos ao público infantil e adolescente con historias sinxelas que, a través do vestiario, da música, da luz, do ritmo e do movemento, tamén saben implicar ao espectador adulto nun mundo fantástico que busca repetirse nos soños.

Duración: 
55 MIN
Acceso: 

Á venda a partir do 23 de setembro en: 

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Sábado, 11 Outubro, 2025
18:00
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

Aracaladanza - "VA DE BACH" (teaser)