UXÍA, 40 ANOS · SERÁ POR FLORES
Uxía, unha das grandes voces da música do país e unha figura clave na preservación e difusión da nosa cultura, celebra 40 anos nos palcos cun concerto inesquecible en Compostela. Nesta ocasión especial, estará arroupada por un feixe de artistas e amizades que compartiron con ela músicas e percorrido nunha noite que lembrará os momentos máis especiais dunha traxectoria chea de emoción, irmandade e vencello coa terra. Diversidade de voces e sons para festexar a andaina desta cantora imprescindible.