CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
UROTCITE NA BLAGA / AS LECCIÓNS DE BLAGA (2023)
Stephan Komandarev
Bulgaria, Alemaña / 114 min / Ficción / Búlgaro
Ficha artística:
Eli Skorcheva, Gerasim Georgiev, Rozalia Abgarian, Ivan Barnev, Stefan Denolyubov, Ivaylo Hristov
Ficha técnica:
Guión: Simeon Ventsislavov, Stephan Komandarev
Fotografía: Vesselin Hristov
Edición: Nina Altaparmakova
Produción: Stephan Komandarev, Katya Trichkova
Sinopse:
Blaga é unha exprofesora de setenta anos que acaba de enviuvar e unha muller de moral firme. Cando uns estafadores telefónicos lle rouban os cartos que aforrara para a tumba do seu home, o seu equilibrio moral empeza a se desestabilizar aos poucos.
Neste evocador drama que presenta unha interpretación maxistral de Eli Skorcheva como Blaga, Komandarev apunta a súa lente ás vidas das persoas maiores de hoxe, un grupo vulnerable ao que os políticos decote prometen o dereito a unha vida digna, pero ao que lle ofrecen unha realidade ben diferente.
Stephan Komandarev (Sofía, Bulgaria). Graduouse como director de cinema e televisión pola New Bulgarian University en 1998. Un ano despois fundou unha produtora de seu: Argo. Estreou a súa ópera prima, Dog's home, na sección Forum da Berlinale no 2001. A súa segunda película, O mundo é grande e a felicidade está ao virar a esquina, acadou máis de 35 premios en festivais e foi preseleccionada para o Óscar á mellor película en lingua non inglesa no 2009. O xuízo (2014), Destinos (2017) ou Rounds (2019) son outros dos seus títulos.
Mellor actriz para Eli Skorcheva e Globo de Cristal á mellor película en Karlovy Vary 2023