CINEUROPA · CENTENARIO JORGE SEMPRÚN
UNE FEMME À SA FENÊTRE / UNHA MULLER NA FIESTRA (1976)
Pierre Granier-Deferre
Francia, Alemaña, Italia / 110 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Romy Schneider, Philippe Noiret, Victor Lanoux, Umberto Orsini
Ficha técnica:
Guión: Jorge Semprún, Pierre Granier-Deferre. Baseado nunha novela de Pierre Drieu La Roche
Fotografía: Aldo Tonti
Edición: Jean Ravel
Produción: Albina Productions, Cinéma 77 Beteilligung / Co 3 Produktion, Rizzoli Films
Sinopse:
A protagonista, interpretada por Romy Schneider, é unha muller nova, guapa, rica e de vida aparentemente frívola. Esta vida cómoda e despreocupada cambiará a partir do momento en que decide agachar un fuxitivo na súa casa. El é un líder sindical nun momento no que Grecia vive baixo a lei marcial.
Jorge Semprún proporcionoulle ao guión as connotacións políticas precisas para afastar o filme do que podería ser só unha historia de amor romántico.
Dúas candidaturas aos Premios César 1977 (mellor actriz e mellor montaxe)