LA ROTA PRODUCCIONES, BARCO PIRATA E CONCHA BUSTO PRODUCCIÓN Y DISTRIBUCIÓN
Idade recomendada: adultos
Lingua: castelán
É unha peza conmovedora e sorprendente que nos fala de Lorca desde unha sensibilidade do século XXI, onde nos achegamos aos aspectos menos coñecidos da vida e a obra de Federico García Lorca. A viaxe que expón non é unha viaxe arqueolóxica, senón unha forma de coñecer a través da súa obra a nosa propia realidade. Desta maneira a obra convértese nunha peza viva, atrevida e dinámica na que a palabra de Lorca, a súa vida e o seu mundo serven de espello do noso.
Autoría: Juan Diego Botto
Dirección: Sergio Peris-Mencheta
Escenografía: Curt Allen Wilmer
Música: Alejandro Pelayo
Iluminación: Valentín Álvárez
Intérprete: Juan Diego Botto