UN MUNDO RECOBRADO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

LATIDOAMERICANO

UN MUNDO RECOBRADO (2024)

Laura Bondarevsky

Arxentina, Uruguai / 74 min / Documental / Castelán

Ficha artística:

Verónica Gérez, Carla Moscatelli, Victoria Martínez, Laura Paredes, Marzia Migliora

Ficha técnica:

Guión: Laura Bondarevsky, Luciano Bertone

Fotografía: Christian Colace

Edición: Bruno Curl

Produción: Javier Díaz, Soledad San Julián, Micaela Solé

Sinopse:

A directora Laura Bondarevsky reconstrúe en Un mundo recobrado a historia de Yenia Dumnova, a súa avoa adoptiva, unha muller admirada polo seu compromiso, sensibilidade e integridade ética. A través de testemuños, recreacións ficcionais e os espazos que marcaron a súa vida, a cineasta traza un mapa emocional que é tamén unha indagación persoal sobre o exilio, o tempo, a familia, o arte e a morte. O filme convértese nun ensaio visual sobre a memoria e a creación: un exercicio de reconstrución e invención que busca recuperar un mundo desaparecido para comprender o presente. Entre a investigación e a poesía, Bondarevsky filma unha homenaxe íntima a unha muller fascinante e rebelde.

Laura Bondarevsky é unha directora e guionista arxentina cunha ampla traxectoria no ámbito audiovisual. Colaborou con cineastas como Juan José Campanella, Fernando Meirelles, Fernando Trueba e Bruno Stagnaro. Dirixiu a serie de ficción Circulado e participou como coordinadora e guionista na serie Música en América Latina. Entre as súas obras figuran Panzas, Chevocachai e Cosecha. Recentemente foi galardoada co Premio Ópera Prima de Ficción do INCAA polo seu proxecto Río muerto, a súa primeira longametraxe de ficción, prevista para rodarse entre 2026 e 2027. Actualmente traballa na dirección da serie Quema coches, escrita por Luciano Bertone e producida por Navajo Films.

 

Duración: 
74 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Luns, 10 Novembro, 2025
16:00
Teatro Principal
Martes, 18 Novembro, 2025
23:30
Teatro Principal
MULTIMEDIA

TRAILER UN MUNDO RECOBRADO