CINEUROPA
LATIDOAMERICANO
UN FUTURO BRILLANTE (2025) + PRESENTACIÓN (19 DE NOVEMBRO)
Lucía Garibaldi
Uruguai, Arxentina, Alemaña / 98 min / Ficción / Castelán
Ficha artística:
Martina Passeggi, Soledad Pelayo, Sofía Gala, Alfonso Tort
Ficha técnica:
Guión: Lucía Garibaldi, Federico Alvarado
Fotografía: Arauco Hernández Holz
Edición: Sebastián Schjaer
Produción: Isabel García, Pancho Magnou Arnabal
Sinopse:
Nun pequeno barrio gris, suspendido fóra do tempo, Elisa, unha moza intelixente e curiosa de dezaoito anos, é elixida para ir traballar ao Norte, unha honra que enorgullece á súa familia e á comunidade enteira. Porén, ninguén regresa dese lugar: tamén a súa irmá maior marchou e nunca volveu. Mentres a nai aforra desesperadamente para gañar na lotaría e reunirse coas fillas, Elisa comeza a cuestionar se marchar é realmente o mellor destino.
Lucía Garibaldi é unha guionista e directora uruguaia. O seu debut na longametraxe, Los tiburones (2019), gañou o Premio Cine en Construcción no Festival de San Sebastián e o Premio á Mellor Dirección no Festival de Sundance, onde tivo a súa estrea internacional. O filme percorreu máis de cincuenta festivais —entre eles Karlovy Vary, Busan, Habana, Londres e Lima— e recibiu máis de dez galardóns, incluíndo Mellor Guión, Mellor Actriz e o Premio Especial do Xurado en Guadalaxara, o Grand Prix Coup de Cœur en Toulouse e o Premio ao Mellor Primeiro Filme en Lima.