CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
UN COEUR EN HIVER / UN CORAZÓN EN INVERNO (1992)
Claude Sautet
Francia / 105 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Daniel Auteuil, Emmanuelle Béart, André Dussollier
Ficha técnica:
Guión: Claude Sautet, Jacques Fieschi, Jérôme Tonnerre
Fotografía: Yves Angelo
Edición: Jacqueline Thiédot
Produción: Raphaël Berdugo, Philippe Carcassonne, Jean-Louis Livi
Sinopse:
Stéphane e Maxime fabrican e reparan violíns e outros instrumentos de corda. Un día, Maxime confésalle ao seu amigo que namorou de Camille, unha nova e talentosa violinista. Os primeiros encontros entre Camille e Stéphane son fríos, mais aos poucos ela empeza a sentirse atraída polo carácter reservado e impenetrable do socio do seu mozo. A resposta contida e enigmática de Stéphane convértese nun xogo de sedución silenciosa, onde o que se expresa é tan importante como o que queda sen dicir.
Premio á Mellor Dirección e Mellor Actor Secundario (André Dussollier) nos César 1993
León de Prata á Mellor Dirección e Premio FIPRESCI do Xurado da Crítica Internacional no Festival de Venecia 1992