CINEUROPA · O MUNDO ESTÁ TOLO, TOLO, TOLO, TOLO
UN CHAPEAU DE PAILLE D'ITALIE / UN CHAPEU DE PALLA DE ITALIA (1928)
René Clair
Francia, Alemaña / 110 min / Ficción / Mudo
Ficha artística:
Albert Préjean, Olga Tschechowa, Geymond Vital, Marise Maia
Ficha técnica:
Guión: René Clair. Baseado na obra de Eugène Labiche e Marc Michel
Fotografía: Maurice Desfassiaux, Nikolas Roudakoff
Produción: Alexandre Kamenka
Sinopse:
Cando Fadinard está a piques de casar, de camiño á celebración, o seu cabalo come o chapeu dunha señora casada que está paseando co seu amante. Para tentar arranxar a situación, Fadinard ten que atopar un chapeu idéntico ao da señora para evitar a súa deshonra. Isto vai perturbar moito o seu propio casamento.