CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA / PELÍCULA INAUGURAL DO FESTIVAL
(Este filme tamén se pode ver na cerimonia de inauguración do festival o venres 4 ás 20.00 h no Teatro Principal, de balde previa retirada de convites)
UN BEAU MATIN / UNHA BONITA MAÑÁ (2022)
Mia Hansen-Løve
Francia, Reino Unido, Alemaña / 112 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Léa Seydoux, Melvil Poupaud, Nicole García
Ficha técnica:
Guión: Mia Hansen-Løve
Fotografía: Denis Lenoir
Edición: Marion Monnier
Produción: arte France Cinéma, Mubi, Razor Film
Sinopse:
Unha muller cunha filla de oito anos vive co seu pai, que padece unha enfermidade neurodexenerativa. Mentres loita por conseguir un fogar de anciáns decente, atópase cun vello amigo co que comeza unha historia de amor. Mais el ten outra relación.
Mia Hansen-Løve (París, Francia). Directora, escritora e ex actriz francesa. O seu filme O pai das miñas fillas gañou o Premio especial do Xurado na sección ‘Un certain regard’ no Festival de Cinema de Cannes do 2009. Con Eden (2014) participou nas seccións oficiais de San Sebastián e Toronto. No 2016, gañou o Oso de Prata á mellor dirección por O porvir no Festival Internacional de Berlín. Ao Festival de Cannes volveu de novo o pasado ano con A illa de Bergman.
Sección ‘Quinzaine des réalisateurs’ do Festival de Cannes 2022