FESTIVAL C
A TROPA C · CONTOS NO PARQUE· APEGO
PÉREZ & FERNÁNDEZ
Idade recomendada: a partir de 4 anos
Duración: 45 min
O Programa Apego e A TROPA C abren un espazo de narración no parque de Bonaval os martes de agosto ás 18.00 horas. Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... para escoitar, participar e socializar en galego.
UMAMI, da compañía Pérez & Fernández, propón unha escolma de contos cargados de humor, emoción e tenrura que poñen o foco en valores como a diversidade,a igualdade, o feminismo e as novas masculinidades.
«Umami», ese denominado quinto sabor que durante anos foi cuestionado por non encaixar nos esquemas tradicionais, serve como fío condutor de historias que reivindican o respecto, a liberdade de ser e de sentir e a importancia de aceptar aquilo que se sae do inesperado.