CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
TWO FOR THE ROAD / DOUS NA ESTRADA (1967)
Stanley Donen
Reino Unido, Estados Unidos / 111 min / Ficción / Inglés, francés, italiano
Ficha artística:
Audrey Hepburn, Albert Finney, Eleanor Bron, William Daniels, Nadia Gray
Ficha técnica:
Guión: Frederic Raphael
Fotografía: Christopher Challis
Edición: Madeleine Gug, Richard Marden
Produción: Stanley Donen, James H. Ware
Sinopse:
Joanna e Mark Wallace, un matrimonio con doce anos de relación, percorren en coche o sur de Francia mentres repasan —a través de lembranzas entrelazadas no tempo— os momentos máis felices e amargos da súa vida xuntos: o entusiasmo da xuventude, as infidelidades, as discusións e a rutina que os separa. O filme mestura humor, romanticismo e desencanto para ofrecer un retrato moderno do matrimonio e do paso do tempo, onde cada curva da estrada revela o que queda —ou o que se perdeu— do amor.
Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián 1967