TRUCA CIRCUS PRESENTA 'SOPLA!'

DATOS BÁSICOS

3 € | Todos os públicos | 60 min | Castelán

... E chegou a festa. Pasou tempo, pero están de novo xuntos, celebrando. Deixando atrás os medos e as limitacións, despregando cada un os seus encantos, que son moitos, auténticas proezas. Cinco diábolos bailongos, un bosque de cordas, un duelo de bicis, un helicóptero con pés e mans, unhas pelotas con moito ritmo. Hai quen voa alto e hai quen se bota ao chan para esquivar uns malabares desapiadados. Unha boa festa con música e un ilustre e misterioso homenaxeado. Un reencontro con momentos inquietantes, divertidos, aburridos e desconcertantes. Sopla! é un estado, é unha atmosfera, é un líquido rosa, é confeti.

Dentro de CIRCO A ESCENA do INAEM do Ministerio de Cultura.

Duración: 
60 min
Entradas: 

3 euros

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 26 Novembro, 2022
18:30
Auditorio de Galicia