THE TROUBLE WITH HARRY/ PERO... QUEN MATOU A HARRY?

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA 

AS INMORTAIS DE HITCHCOCK

THE TROUBLE WITH HARRY / PERO… QUEN MATOU A HARRY? (1955)

Alfred Hitchcock

Estados Unidos / 99 min / Inglés

Ficha artística:

Edmund Gwenn, John Forsythe, Shirley MacLaine, Mildred Natwick, Mildred Dunnock

Ficha técnica:

Guión: John Michael Hayes e Jack Trevor Story

Fotografía: Robert Burks

Edición: Alma Macrorie

Produción: Herbert Coleman e Alfred Hitchcock

Sinopse:

Nunha pequena localidade rural de Vermont aparece o cadáver de Harry, un home cuxa morte parece implicar a varios veciños. Cada un deles teme ser responsable do sucedido, pero ninguén parece demasiado interesado en avisar a policía. Mentres intentan decidir que facer co corpo, sucédense situacións absurdas e malentendidos que transforman o incidente nunha comedia negra sobre a morte, as convencións sociais e a natureza humana.

 

ACTRIZ REVELACIÓN MÁIS PROMETEDORA (SHIRLEY MACLAINE) NOS GLOBOS DE OURO 1955

 

Duración: 
99 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal


ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Domingo, 15 Novembro, 2026
22:30
NUMAX
MULTIMEDIA