THE TROUBLE WITH BEING BORN (2020)

DATOS BÁSICOS

FANTASTIQUE COMPOSTELA / NOVOS REALIZADORES

LUN 9, 16:30 | SALÓN TEATRO

MER 11, 18:45 | NUMAX

Sandra Wollner

Austria / 94 min. / Ficción / Alemán

Ficha artística:

Lena Watson, Dominik Warta, Ingrid Burkhard, Jana McKinnon

Ficha técnica:
Guión: Sandra Wollner, Roderick Warich

Fotografía: Timm Kroger

Edición: Hannes Brunn
Produción: Lixi Frank, David Bohun

Elli é unha androide e vive cun home ao que chama pai. É quen de rememorar vacacións e calquera cousa que el programe para que ela lembre. Deseñada para asemellarse a unha das súas lembranzas, realmente parece estar viva, ás veces mesmo parece soñar, e con todo non deixa de ser unha máquina, un contedor para as lembranzas que son todo para el e nada para ela. Esas evocacións parecen dominala, de feito chegaron a ter vida propia. Unha noite ela intérnase no bosque seguindo un eco evanescente. Pérdese entre as matogueiras ata que é atopada e levada para casa por unha persoa que lle proporciona novas lembranzas e unha nova identidade.

Sandra Wollner

(Leoben, Austria, 1983)
Dirixiu en 2016 a súa primeira longametraxe, Das unmögliche bild (The impossible picture), pola que recibiu o Premio da Crítica alemá en 2019. Tamén codirixiu xunto a Michaela Taschek as curtametraxes Uns geht é gut (2013) e Viktor (2015). The trouble with being born foi distinguida co premio do xurado da sección Encounters no pasado Festival de Berlín.

Duración: 
94 MIN
Entradas: 
  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Luns, 9 Novembro, 2020
16:30
Salón Teatro
Mércores, 11 Novembro, 2020
18:45
NUMAX