CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
TRIANGLE OF SADNESS / O TRIÁNGULO DA TRISTEZA (2022)
Ruben Östlund
Suecia, Francia, Reino Unido, Alemaña / 149 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Woody Harrelson, Harris Dickinson, Charlbi Dean, Dolly De Leon, Zlatko Buric, Iris Berben
Ficha técnica:
Guión: Ruben Östlund
Fotografía: Fredrik Wenzel
Edición: Mikel Cee Karlsson, Ruben Östlund
Produción: Erik Hemmendorff, Philippe Bober
Sinopse:
Tras a fashion week, Carl e Yaya, parella de modelos e influencers, son convidados a un iate nun cruceiro de luxo. A tripulación bríndalles todas as atencións necesarias aos ricos convidados, mais o capitán négase a saír da súa cabina, malia a chegada inminente da soada cea de gala. Os eventos dan un xiro inesperado e o equilibrio de poder invértese ao comezar unha treboada que pon en perigo a comodidade dos pasaxeiros.
Ruben Östlund (Styrsö, Suecia). Comezou nos anos 90 a filmar curtas de xeito autodidacta e logo graduouse na Escola de Cine de Goteburgo. A súa segunda película, Involuntary, (2008), presentouse en Cannes, festival ao que regresou con Play (2011), esta vez dentro da ‘Quinzaine des réalisateurs’, e con Forza maior ( 2014) que recibiu o Premio do Xurado de ‘Un certain regard’. O certame francés concedeu a Palma de Ouro ás súas dúas últimas películas, The square ( 2017) e Triangle of sadness.
Palma de Ouro do Festival de Cannes 2022