OSG · TRAVESÍAS E MITOS

DATOS BÁSICOS

TEMPADA «MEMORIA» 

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Roberto González Monjas, director
Dmitri Shishkin, piano

PROGRAMA

Antonín Dvořák: Abertura Otello
Camille Saint-Saëns: Concerto para piano núm. 5, en Fa maior, Op. 103, «Exipcio»
Gustav Mahler: Blumine
Antonín Dvorák: O trasgo da auga

O home tranquilo que foi Dvořák —a quen só se lle coñeceron como vicios a súa paixón polos trens e polas pombas— verteu un vasto universo emocional nas súas obras. A abertura Otello canta o lado escuro do amor e desprende unha atmosfera sombriza na que os celos acaban por apagar as melodías máis líricas. O trasgo da auga transforma unha lenda popular nun relato de intensa carga dramática, no que a angustia da nai se expresa a través dun cromatismo confiado ao violín. A morte do meniño desintegra finalmente a música no silencio. Saint-Saëns compuxo o seu quinto e derradeiro concerto para piano durante unha estadía en Luxor, onde atopou parte das inspiracións que percorren a partitura. Pianista virtuoso, foi tamén o solista da estrea desta obra, recoñecible pola súa brillantez e polo refinado exotismo que impregna especialmente o segundo movemento. Completa o programa Blumine, unha das páxinas máis enigmáticas de Gustav Mahler. Aínda que formou parte da versión orixinal da súa Primeira Sinfonía, o compositor decidiu retirala anos despois. A delicada melodía da trompeta anticipa xa a dimensión lírica e espiritual que caracterizaría o seu universo musical.

 

Duración: 
90 MIN
Acceso: 

Entradas á venda a partir do 22 de setembro en: 

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, persoas con discapacidade, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 29 Abril, 2027
20:00
Auditorio de Galicia