TRASPIELAS

DATOS BÁSICOS

SU GARRIDO POMBO

MÚSICA · CICLO FIESTRA ABERTA

Traspielas é o novo proxecto de Su Garrido Pombo xunto con Macarena Montesinos (cello),Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodriguez Casal (visuais) nos que celebran a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical, poética e visual.
Partindo de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas e proxecións con imaxes actuais e de videoarquivo, músicas de recoñecida traxectoria e de estilos diversos como a electrónica, a experimentación e a música tradicional conflúen para crear unha obra actual.
O obxectivo e dar nova vida a estas cancións nunha proposta artística multidisciplinare contemporánea que pon en valor a comunidade e a cultura popular dun territorio.
Despois de participar nas Residencias Mariñán 2024, foron proxecto seleccionado no MUMI 2024 e Maré 2024 e están preparando a súa xira e gravación do seu novo proxecto discográfico.

 

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Venres, 29 Maio, 2026
20:30
Teatro Principal