DANIEL RODRÍGUEZ
TRANSEÚNTE
DANIEL RODRÍGUEZ
Idade recomendada: Todos os públicos
Duración: 50 min
Lingua: Galego
Foco NeoTrad
O termo “transeúnte” fai referencia a estar de paso, a non residir senón transitoriamente nun lugar. Por iso, poñemos o foco na dualidade entre o permanente e o transitorio nos corpos da nosa xeración atravesados polo folclore e a tradición, integrando influencias do noso contexto actual.
TRANSEÚNTE reflexiona e potencia a relación das novas xeracións coa tradición e o folclore neste mundo tecnolóxico e globalizado no que aínda habita a sabedoría innata dos nosos instintos. Celebra a diversidade cultural, resalta a nosa conexión como seres humanos e lévanos a unha viaxe que honra o pasado, vive o presente e busca e abraza o futuro