TRAMOIA. ANATOMÍA DUNHA PEZA TEATRAL · ICTUS

DATOS BÁSICOS

ARTES ESCÉNICAS · MEDIACIÓN CULTURAL

Tramoia · Anatomía dunha peza teatral  é un espazo de análise compartida dos procesos de creación escénica, impulsado polo Servizo de Mediación Cultural do Auditorio de Galicia.

Nesta sesión, que terá lugar apenas unha semana despois da estrea do novo espectáculo de Chévere, Ictus (anatomía de 'A derradeira leición do mestre' de Castelao), abordarase a peza cando aínda está viva, en movemento e en diálogo co público. A actividade propón diseccionar o proceso creativo: desde as primeiras intuicións e liñas de investigación ata as decisións finais de posta en escena.

Ao longo da conversa coa compañía, analizaranse tamén os materiais, ideas e camiños que quedaron fóra do resultado final, mais que foron fundamentais na construción do espectáculo. TRAMOIA permite así achegarse ao método de creación colectiva de Chévere, ás súas dinámicas de investigación e ás tensións entre proceso, contexto e resultado artístico.

Un espazo para comprender como se fai teatro hoxe e para seguir pensando a escena desde dentro.


ACCESIBILIDADE: 

A actividade contará con interpretación en lingua de signos

Duración: 
90 min (aprox)
Acceso: 
  • Acceso libre ata completar capacidade
  • Actividade con interpretación en lingua de signos

 

Info práctica: 
Sábado, 28 Febreiro, 2026
12:00
Zona C. Punto de información cultural