TRABALHO DE ACTRIZ, TRABALHO DE ACTOR

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · FOCO JOAO CANIJO

TRABALHO DE ACTRIZ, TRABALHO DE ACTOR  (2011)
João Canijo
Portugal / 84 min / Documental  / Portugués

Ficha artística:
Rita Blanco, Anabela Moreira, Vera Barreto, Cleia Almeida, Rafael Morais, Marcello Urgeghe, Beatriz Batarda

Ficha técnica:
Fotografía: João Canijo, Patrick Mendes
Edición: João Braz
Produción: Midas Filmes (Pedro Borges)

Sinopse:
Entre setembro do 2008 e abril do 2010, Rita Blanco, Anabela Moreira, Vera Barreto, Cleia Almeida, Rafael Morais, Marcello Urgeghe, Beatriz Batarda, Nuno Lopes, Teresa Madruga, Wilma de Brito e João Canijo –elenco e director de Sangue do meu sangue– traballaron xuntos na creación dos personaxes, na historia e mais no guión do que un día se convertería na nova película de Canijo. As longas xornadas de debate, discusión, ensaios, os diálogos inventados, anotados, borrados, reescritos… todo está aquí, incluídas, na súa forma final, tres das escenas principais de Sangue do meu sangue. O rexistro minucioso de métodos e procesos creativos permite iluminar en dúas direccións a comprensión da película: o traballo dos intérpretes e o do cineasta mesmo.
 

Duración: 
82 MIN
Entradas: 

ENTRADA DE BALDE previa retirada de convites dende o martes 7 ás 11 horas

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS E A RETIRADA DE CONVITES

Funcións: 
Martes, 14 Novembro, 2023
16:45
NUMAX
Mércores, 22 Novembro, 2023
22:15
Salón Teatro
MULTIMEDIA