TORN CURTAIN/ CORTINA ESGAZADA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

AS INMORTAIS DE HITCHCOCK

TORN CURTAIN / CORTINA ESGAZADA (1966)

Alfred Hitchcock

Estados Unidos / 128 min / Inglés

Ficha artística:

Paul Newman, Julie Andrews, Lila Kedrova, Hansjörg Felmy, Tamara Toumanova

Ficha técnica:

Guión: Brian Moore, Willis Hall e Keith Waterhouse

Fotografía: John F. Warren

Edición: Bud Hoffman

Produción: Alfred Hitchcock

Sinopse:

Michael Armstrong, un científico estadounidense especializado en física nuclear, viaxa a Copenhague para asistir a un congreso e sorprende a todos cando anuncia a súa intención de pasarse ao bloque soviético. A súa prometida e asistente, Sarah Sherman, sígueo ata a Alemaña Oriental, onde descobre que a deserción é unha tapadeira: Michael pretende obter información científica secreta para o Goberno estadounidense. Perseguidos polos servizos de seguridade da República Democrática Alemá, ambos deberán acudir a unha rede clandestina para tentar escapar.

 

Duración: 
128 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal


ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Venres, 13 Novembro, 2026
16:00
Salón Teatro
MULTIMEDIA