TONARI NO TOTORO / O MEU VECIÑO TOTORO (1988)

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA | MINICICLO HAYAO MIYAZAKI:

“NOS OLLOS DUNHA NENA”

 

Hayao Miyazaki

Xapón / 86 min. / Animación, fantástico, infantil / Xaponés

 

Ficha técnica:

Guión: Hayao Miyazaki

Música: Joe Hisaishi

 

Sinopse:

Satsuki e Mei son dúas nenas que se mudan co seu pai a un novo fogar, mentres súa nai se recupera dunha doenza nun hospital próximo. Para sorpresa delas, axiña descobren que comparten esta casa con algunhas criaturas bastante estrañas e cuns veciños moi peculiares, entre eles Totoro, un espírito do bosque. Cando xorden os problemas, os seus novos amigos axudaranas a redescubrir a esperanza.

 

Duración: 
86 min
Información da billeteira: 

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Funcións: 
Venres, 22 Novembro, 2019
18:30
Sala Agustín Magán

UBICACIÓN