CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
TODO É CÁRCERE (2026)
Eloy Enciso
España / 109 min / Castelán, galego, valenciano
Ficha artística:
Elsa Pereira, Pilar Castañal Castiñeira, Jesús López Paz, Rafael de la Fuente Morado, Neves Seara Palacio, Jorge Moreno
Voces: Marta Díaz e Eloy Enciso
Ficha técnica:
Guión: Eloy Enciso
Fotografía: Jimmy Gimferrer
Edición: Lisa María Velázquez Serrano
Produción: Marina Perales Marhuenda, Xavier Rocher, Fran Ruvira, Beli Martínez e Roi Carballido
Sinopse:
As cartas de Carmen e Ángel, dous amantes que tentan reencontrarse nos últimos días da Guerra Civil, son investigadas na actualidade por Elsa, unha fotógrafa que percorre o país rexistrando espazos vinculados á represión franquista. A morte dun familiar obrígaa a interromper o traballo, retomar o contacto coa familia e facerse cargo dunha herdanza pendente.
Eloy Enciso dirixiu os documentais Pic-nic (2007) e Arraianos (2012), estreado en Locarno e premiado como mellor película nos festivais BAFICI, Transcinema (Perú) e Sevilla. A súa primeira longametraxe de ficción, Longa noite (2019), foi seleccionada en festivais como Locarno, Toronto, Nova York, Viennale, Róterdam e Jeonju, e recibiu premios en Suíza, Arxentina, Perú, Rusia, Francia, Portugal e España. Ademais, foi candidata a mellor película europea nos Premios Gaudí. En Todo es cárcel, continúa a explorar algunhas das súas principais liñas creativas: o traballo con intérpretes non profesionais, a inspiración literaria e o entrelazamento poético de realidade, ficción e historia, en diálogo coa obra de cineastas como Straub-Huillet, Pedro Costa e Eugène Green.
GRAN PREMIO DA COMPETICIÓN INTERNACIONAL NO FIDMARSEILLE 2026PREMIO DOC. ESPAÑA NA SECCIÓN TEMPO DE HISTORIA DA SEMINCI 2026
Con presentación e coloquio