CINEUROPA | PANORAMA INTERNACIONAL
Ala Eddine Slim
Tunes / 110 min. / Drama / Árabe
Ficha artística:
Abdullah Miniawy Souhir Ben Amara Khaled Ben Aissa
Ficha técnica:
Guión: Ala Eddine Slim
Música: Oiseaux-Tempête
Fotografía: Amine Messadi
Sinopse:
Logo da morte da nai, un soldado mozo asentado no deserto tunesino volve á casa cun permiso para unha semana, mais decide non regresar ao exército e desertar. Na fuxida é perseguido pola policía ata que chega a unha zona en construción dunha vila en crecemento na que desaparecerá. Un día, unha muller embarazada encontra un home de rara aparencia mentres pasea polo medio do bosque. É o exsoldado que logrou sobrevivir. A partir dese momento, terán lugar unha serie de estraños acontecementos que afectarán tanto o exsoldado coma a muller e o seu futuro fillo.
2019: Quincena dos Realizadores de Cannes