CINEUROPA
FAYE DUNAWAY: O TALENTO CONVULSO
THREE DAYS OF THE CONDOR / OS TRES DÍAS DO CÓNDOR (1975)
Sydney Pollack
Estados Unidos / 117 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Robert Redford, Faye Dunaway, Cliff Robertson, Max von Sydow, John Houseman
Ficha técnica:
Guión: Lorenzo Semple Jr., David Rayfiel. Baseado na novela de James Grady
Fotografía: Owen Roizman
Edición: Don Guidice
Produción: Stanley Schneider
Sinopse:
Joe Turner, analista da CIA que traballa revisando novelas en busca de mensaxes cifradas, regresa un día á oficina e atopa todos os seus compañeiros asasinados. A partir dese momento convértese nun fuxitivo, sen saber en quen pode confiar, mentres tenta descubrir quen ordenou a matanza e por que. A medida que se achega á verdade, descobre a maquinaria secreta e paranoica do poder nos anos setenta.
Placa de Ouro para Sydney Pollack nos Premios David di Donatello 1976