THERE IS NO EVIL (2020)

DATOS BÁSICOS

PANORAMA INTERNACIONAL / DEREITOS HUMANOS

VEN 13, 19:30 | SALÓN TEATRO
MER 18, 17:00 | NUMAX

Mohammad Rasoulof
Irán, Alemaña, República Checa / 150 min. / Ficción / Persa

Ficha artística:
Ehsan Mirhosseini, Shaghayegh Shourian, Kaveh Ahangar, Alireza Zareparast, Salar Khamseh, Darya Moghbeli

Ficha técnica:
Guión: Mohammad Rasoulof
Fotografía: Ashkan Ashkani
Música: Amir Molookpour
Produción: Mohammad Rasoulof, Kaveh Farnam, Farzad Pak

Catro historias sobre fortaleza moral e a pena de morte que cuestionan ata que punto a liberdade individual pode expresarse un réxime despótico.

2020: Oso de Ouro na Berlinale

Mohammad Rasoulof
(Shiraz, Irán, 1972)
Comezou a dirixir documentais e curtametraxes mentres estudaba socioloxía. As súas sete longas foron vítimas da censura en Irán. En 2010, foi arrestado no set mentres traballaba xunto a Jafar Panahi e condenado a un ano de prisión. Gañou numerosos premios internacionais polo seu traballo, incluídos varios premios Un Certain Regard en Cannes. Desde 2017, prohibíuselle oficialmente saír de Irán.

Duración: 
150 min
Entradas: 
  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

 

PRÉGASE USO PREFERENTE PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS DA PÁXINA WEB COMPOSTELACULTURA.GAL

 

CONSULTA PROTOCOLO ACCESO ESPECTÁCULOS NO PORTAL DESTA WEB

Funcións: 
Mércores, 18 Novembro, 2020
17:00
NUMAX