CINEUROPA
LATIDOAMERICANO
TESIS SOBRE UNA DOMESTICACIÓN (2024)
Javier Van de Couter
Arxentina, México / 113 min / Ficción / Castelán
Ficha artística:
Camila Sosa Villada, Alfonso Herrera, Carlos Cano, Romina Escobar
Ficha técnica:
Guión: Laura Huberman, Camila Sosa Villada, Javier van de Couter. Baseado na novela de Camila Sosa Villada
Fotografía: Luciano Badaracco
Edición: Mariana Rodríguez
Produción: Gael García Bernal, Laura Huberman, Ramiro Pavón, Mónica Pérez
Sinopse:
Unha actriz travesti, estrela do teatro porteño, alcanza o éxito profesional e económico e decide, xunto co seu home —un avogado acomodado—, adoptar un fillo. Mais ese soño de plenitude comeza a esfarelarse cando o pasado reaparece e a “domesticación” da súa vida parece poñer en risco a súa liberdade.
Javier Van de Couter é guionista e director. Gañou o Premio Konex 2021 e o Premio Coral ao Mellor Guión Inédito pola súa ópera prima Mía (2011), tamén distinguida co Premio Maguey no Festival de Guadalajara. A súa película Implosión (2021) obtivo o Gran Premio á Mellor Película Arxentina no BAFICI. Autor e director de series como La celebración e Historia de un clan.
Mención Especial en BAFICI 2025
Premio Q-Hugo de Ouro á Mellor Película LGBTQ do Festival Internacional de Cinema de Chicago 2024