'VIAXES' é o lema da temporada de abono da Real Filharmonía de Galicia-Auditorio de Galicia 2021-2022. No programa percorreremos a xeografía mundial, desde Australia a Finlandia pasando por París, Hamburgo, Praga, Bohemia ou cruzando o océano ata Latinoamérica; emprendendo con esta programación un camiño emocional que nos permite transitar a través da rebeldía, da fantasía, do feminismo, do amor, da ecoloxía e, sobre todo, cara a nós mesmos.
29 concertos, 2 deles didácticos, nos que poderemos escoitar á Real Filharmonía de Galicia, ademais dos concertos do Ciclo de Piano Ángel Brage e do Ciclo de Lied.
Do 20 ao 24 de setembto farase a renovación dos abonos xa existentes; despois abrirase un prazo para novos abonados e abonadas.
As entradas soltas para o 1º trimestre poñeranse á venda o luns 4 de outubro ás 10.00 h nesta web, compostelacultura.gal
- DESCARGA AQUÍ O FOLLETO COA PROGRAMACIÓN COMPLETA